lunes, 2 de marzo de 2009

Sobre a visita á Aula de Natureza

Trala visita á Aula de Natureza, podemos dicir que xa só por haber ido, cumpleuse un obxectivo da actividade: coñecer a mesma, onde se ubica e que esta existe e está a disposición daqueles curiosos que, como nós, nos inqueda o medio ambiente.
A maiores diso, quixera que cada un de vós, lle siga dando voltas a esta actividade, reflexione sobre cuestións que alí Luis mencionou como por exemplo, sobre o pouco aproveitamento que na cidade se fai da auga quente, sobre o pouco que está explotado o río Miño co seu paso pola cidade, a mala xestión política que del se fai, etc. En definitiva, estas reflexións que vos pido ou suxiro as fagades presentes nos vosos blogues ou neste mesmo.
Tamén quixera saber se vos animades a facer unha proposta de actividade para a Aula, eso de que se podería pagar a 20 ou 25 euros a hora, non está mal, non? Pois aqueles ou aquelas máis atrevidos, indicádemo e podemos dedicar horas de clase a planificar actividades para que vós as poidades rentabilizar.
Polo momento deixo no aire estas cuestións pero non vos olvidedes de facerme saber que foi o que máis vos chamou a atención da visita. Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario