domingo, 1 de marzo de 2009

Visita Aula de Natureza

Ola, estamos empezando a asignatura e que mellor forma que visitando a Aula de Natureza situada en Oira.
Tras este primeiro encontro con experiencias de educadores ambientais, quero que reflexiones sobre o vivido e que esta reflexión esté presente nos vosos blogues. Para elo, facendo clic aquí, poderás descargar o guión das actividades que debes realizar durante e tras a visita programada.
Sei que polo momento non podedes incluir esta reflexión no voso blog debido a que aínda non o temos dado de alta pero teno listo sobre papel porque despois só será pegar o enlace no lugar correspondente.
Tamén dicirvos que a actividade é individual pero cando a subades ao blog, subiredes as de todos os membros, ben no mesmo documento ou en documentos distintos, pero si na mesma entrada.
Calquera cuestión, dúbida, etc. sobre esta saída comentádea na sección de comentarios desta entrada para que todos e todas poidades ver que dúbidas se van plantexando e como as resolvo, pois así constituimos un espacio de foro común.
Unha aperta e estamos en contacto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario